A natureza humana: xustiza versus poder

A natureza humana: xustiza versus poder
Per confirmar
- Consulta-ho a la llibreria
En novembro de 1971, a televisión holandesa transmitiu un diálogo entre Noam Chomsky e Michel Foucault, moderado por Fons Elders, que se inscribía na serie de encontros organizados polo International Philosophers Project. Xa na presentación do encontro, e anticipando o que posiblemente ocorrería, Elders caracterizou os opoñentes como “dous obreiros que estivesen perforando un túnel nunha montaña, cada un desde un lado oposto, con instrumentos diferentes, e sen saber se se encontrarán”.