Gato Cono (galego)

Gato Cono (galego)
15,90 €
Sense existències ara
Rep-lo a casa quan estigui a la venda per Missatger o Eco Enviament*
Un día, o pobre Jeremy esperta no veterinario cun cono xigante arredor
da cabeza. Este cono provócalle unha crise existencial momentánea
que o converte no torpe e cheirento GATO CONO. Todo é terrible ata
que o cono pasa a convertirse nun instrumento para lamber os últimos
restos dos cereais na mesa do almorzo. Con ese cono na cabeza, a
natureza de GATO CONO cambia e convértese nun novo gato que
agora pode facer moitas cousas que o vello Jeremy non podía. Pode
cazar arañas con facilidade, recoller o recheo do sofá e disfrazarse de
bol para roubar unha bola de xeado nunha festa de aniversario. Cando
llo quitan ao día seguinte, Jeremy comeza a estrañalo. Terá outra
oportunidade de volver gozar dos trucos que facía como GATO CONO?
Non lle levará moito tempo descubrilo...
Este é un libro divertidísimo que, con ilustracións e textos enxeñosos,
fainos pensar sobre a importancia de sabermos que ás veces,
situacións terribles poden ter o seu lado positivo, e aínda que non o
pareza, calquera gatástrofe ten a súa solución.