Res com un bon llibre

A vida apoteósica

A vida apoteósica

A vida apoteósica

Editorial: Xerais

Pàgines: 160

Any: 2001

EAN: 9788483026434

16,15 €

Sense existències ara

Rep-lo a casa en 2 / 3 dies per Missatger o Eco Enviament* Pots recollir-lo en 2 / 3 dies a les nostres llibreries
A figura do dragón sobrevoa, a única cidade da redonda orientada ó crepúsculo. Así comeza Bieito Iglesias unha novela onde hai delincuentes sensitivos e prostitutas sentimentais (o que Nabokov chama “literatura sensacionalista”); pero isto é a penas o folión que inicia a festa da noite do 24 de xullo en Compostela. O elenco de personaxes e faits divers ilustran un fragmento de vida histórica na Compostela actual. Personaxes de variada traza, dende a clase media con ínfulas capitalinas ó mendigo preindustrial, que orixinan escritas contrapostas –literatura de decepción versus poesía pasoliniana da bela xente que ignora as meiguices burguesas–. Individuos que non pretenden ser arquetípicos, e que, tocados polo anxo do singular, camiñan sós pola cidade e pola historia. Neste relato non hai alegoría ou desfile de máscaras, descríbese sen hipérbole e sen idilio. A musa que o inspirou ten un puñal. Pero si hai humor: a gargallada do pallaso branco que fai a burla dos demais; e a do pallaso vermello que ri á conta de si mesmo.

Subscriu-te a la nostra newsletter