Elipsis e outras sombras


Elipsis e outras sombras

Sense existències ara
Rep-lo a casa en 2 / 3 dies per Missatger o Eco Enviament*Sobre el libro Elipsis e outras sombras de X. L. Méndez Ferrín publicado por Xerais al 1995:
Aparece en 1974 Elipsis e outras sombras, libro ó que lle faltaba o seu conto señor e principal «Elipsis», por motivos que o propio Ferrín non podía explicar nos avisos a aquela primeira edición, e ós que si se refire claramente no aviso á segunda, de 1983: «Esta edición inclúe o conto que dá título ao libro e que fora tachado con grosas aspas de lapis vermello na primeira edición». A censura actuaba no final do franquismo, xa un réxime en descomposición, coa mesma dureza que nas décadas anteriores. A edición completa, que hoxe presentamos revisada polo autor, constitúena oito relatos: «Prólogo. Impunidade» mais seis contos mais «Epílogo. Ditadura das cousas». O primeiro relato fainos ver a continuidade ideolóxica entre un usureiro vi1ego ignorante e reaccionario, e o seu fillo, señorito en Santiago e Madrid, que participará, realizándose plenamente como asasino fascista, nas matanzas posteriores ó levantamento militar de 1936. O último conto transmítenos a voz dunha muller burguesa que, mentres critica o exceso de atención á realidade por parte dos progresistas, pretende coñecer a verdade espiritual e non cesa un momento de aconsellar o consumo de miles productos, para finalmente declarar o seu enorme interés polo producto rei da sociedade que adora: o diñeiro. Os seis relatos centrais, empezando por Elipsis», son seis variacións sobre un mesmo tema: a loita de clases. Clases que case sempre aparecen configuradas como castes, unhas mantedoras e outras sufridoras de sistemas de producción e maquinarias represivas que reducen ó ser humano á condición de animal inferior, atrapado en tradicións, en ritos, en labirintos deseñados dende o poder para perpetuarse. Nesta dinámica de represión e resistencia, os oprimidos viven instalados na derrota coma unha condena perpetua. Non obstante a vinganza e o triunfo, como en «Elipsis», pode chegar algún día, no remate dun ciclo, para quen conserva o cerne da súa identidade intacto.Altres llibres de X. L. Méndez Ferrín
El llibre Elipsis e outras sombras de X. L. Méndez Ferrín pertany a la matèria
Veure altres ressenyes de Narrativa Moderna i Contemporània
Ressenya
Elizabeth Taylor
Prohibido morir aquí
La edición que nos presenta Asteroide celebra una voz literaria esencial, y nos invita a adentrarnos en una historia que perdura en la memoria mucho después de su conclusión. Una joya que nos recue...

Ressenya
Christa Wolf
Casandra
La novela es una novela de mujeres, mujeres fuertes, superiores en carácter, valentía y honor a los hombres que las acompañan.

Ressenya
Cristina Rivera Garza
Terrestre
En estos relatos, la autora mexicana nos transporta a diferentes lugares terrestres. Ese anhelo de aventurarse a lo que no se conoce, de desplazarse a un pasado remoto o de adentrarse en un futuro ...

Ressenya
Percival Everett
James
James explica la història del camí cap a la llibertat, de tots els infortunis i abusos als quals es van veure sotmesos constantment els homes com Jim només pel color de la seva pell. Perci...
