Galicia, Galicia (galego)

Galicia, Galicia (galego)
Sense existències ara
Rep-lo a casa en 2 / 3 dies per Missatger o Eco Enviament*Sobre el libro Galicia, Galicia (galego) de Manuel Rivas publicado por Xerais al 2003:
Galicia, Galicia recolle a obra xornalística sobre o noso país producida por Manuel Rivas nos dez últimos anos e publicada en El País, La Voz de Galicia e A Nosa Terra. A edición correu a cargo de Xosé Mato Fondo que a organizou nas seguintes series: “O conservador país onde non existen os conservadores” (Premio Fernández Latorre de periodismo); “No mellor país do mundo” (serie publicada en La Voz de Galicia); “Terra Cha, cha, cha, cha” (sobre a viaxe de Manuel Fraga a Cuba); “A Campaña do Ogro” (sobre as eleccións de 1993); “A Campaña do Botafumeiro” (sobre as eleccións de 1997); “O gaiteiro solitario” (serie publicada en A Nosa Terra); “Toca madeira” (serie publicada en La Voz de Galicia); “O pleonasmo de Don Manuel”; “Oración fúnebra pola Orquestra do Vento” (texto lido con motivo da homenaxe ós mortos na Guerra Civil, en Tui no pasado mes de agosto). A liberdade é a máis preciosa posesión da imaxinación, dise na significativa cita de Ambrose Bierce que abre este libro. Galicia, Galicia é un exercicio que aúna liberdade, imaxinación e humor as tres mellores lanzadeiras do tear da tradición cultural galega. O estilo de Galicia, Galicia non é de arroutada senón dunha tranquila sátira enfiada con sutileza ó longo de dez anos de periodismo crítico. A lectura de “No mellor país do mundo”, por exemplo, escrita no comezo da xeira Fraga, resulta hoxe dunha comicidade delirante pero é tamén dunha sorprendente e cumprida profecía. Manuel Rivas, como un gaiteiro solitario e non en bandada marcial usa a liberdade, a imaxinación e o humor contra a grande maquinaria da chamada Pax Fraguiana: a propaganda. Galicia, Galicia é unha obra histórica e de historia, do presente que aínda vivimos, e que non trata só dun personaxe senón de todo un tempo.Altres llibres de Manuel Rivas
El llibre Galicia, Galicia (galego) de Manuel Rivas pertany a la matèria
Veure altres ressenyes de Narrativa Moderna i Contemporània
Ressenya
Elizabeth Taylor
Prohibido morir aquí
La edición que nos presenta Asteroide celebra una voz literaria esencial, y nos invita a adentrarnos en una historia que perdura en la memoria mucho después de su conclusión. Una joya que nos recue...

Ressenya
Christa Wolf
Casandra
La novela es una novela de mujeres, mujeres fuertes, superiores en carácter, valentía y honor a los hombres que las acompañan.

Ressenya
Cristina Rivera Garza
Terrestre
En estos relatos, la autora mexicana nos transporta a diferentes lugares terrestres. Ese anhelo de aventurarse a lo que no se conoce, de desplazarse a un pasado remoto o de adentrarse en un futuro ...

Ressenya
Percival Everett
James
James explica la història del camí cap a la llibertat, de tots els infortunis i abusos als quals es van veure sotmesos constantment els homes com Jim només pel color de la seva pell. Perci...
